fbpx

Os nosos servizos

Restaurantes, froitarías, peixerías, electrónica, librarías, zapaterías, moda, música, xestións, recados…

Estamos para o que precises, Pide un Mensaxeiro!

Parafarmacia

Produtos de parafarmacia en xeral. Saúde sexual, ortopedia, protección ambiental, cosmética, herboristaría, hixiene, desifección e moito máis.

Alimentación

Toda a túa comida a domicilio ou para recoller preparada xusto a tempo. Goza de xantares e ceas na casa cun produto sempre fresco, quente e rápido.

Tendas

Merca nas túas tendas favoritas e recibe as túas prendas, zapatos, móbiles, cargadores, libros, discos, ferramentas… Todo o que poidas imaxinar!

Recados e xestións

Non te poñas límites. Se esqueciches algo imos buscarcho. Se non che dá tempo, imos nós. Precises o que precises, nós #facémoloporti

E para o teu negocio…

Venda on-line

Vende os tus produtos e servizos na nosaa web atendendo ti mesmo as vendas e entregas.
Só somos o teu escaparate e medio de venda. Toda a xestión baixo o teu control!

Entregas a domicilio

Recollemos os pedidos do teu negocio e entregámolos ós teus clientes no seu domiciio, en tan só unha hora!
Tamén podemos recollerlle ó teu cliente o que precises e entregarcho no teu negocio.

Servizo integral

Se o que queres ou precisas é adicarte ó que só ti podes no teu negocio, delega en nós o que mellor facemos.
Xestionamos as túas vendas on-line enviándoche os pedidos para que poidas preparalos, pasamos a recollelos e entregámolos ós teus clientes.
Ti só tes que preocuparte de preparar os pedidos e recibir as liquidacións das túas vendas directamente na túa conta bancaria. Nós encargámonos de todo.

Modalidades do servicio

Se tes un alto volume de servizos, podes contratar a dispoñibilidade en exclusiva dos mensaxeiros que precises durante as horas que che interesen, con total flexibilidade e a tranquilidade de estar sempre cuberto por un equipo de profesionais que garante a funcionalidade do servizo durante todo o ano, esquecéndote das vacacións ou baixas laborais.

Podes contratar os nosos servizos en calquera destas modalidades ou combinalas á medida das túas necesidades.

Falamos?

Así funciona PUM

O noso sistema está pensado para satisfacer as necesidades dos nosos usuarios e axudar ós establecementos a xestionar mellor as súas vendas.

Calquera establecemento da cidade pode realizar as súas vendas a través de Pide un Mensaxeiro.

Sempre que un cliente precisa mercar un produto ou servizo de calquera dos nosos establecementos, nós encargámonos de xestionalo para asegurar sempre a satisfacción de todos.

Usuarios particulares

No menú do establecemento atoparás toda a súa oferta de produtos/servizos que ten para ti.
Fai a túa selección perfecta, con todas as opcións e extras que o establecemento proporcione, coma se estiveses alí e elixe se queres recibilo en menos dunha hora ou pasar a recollelo no momento xusto, sen agardas.

Podes pagar con tarxeta na nosa web ou en efectivo no momento da entrega.
Elixe se queres pagar no momento con tarxeta e esquecerte ou se prefires realizar o pagamento en efectivo no momento da entrega.

Establecementos Partners

Cando fas unha venda recibes o noso aviso inmediatamente.
É o momento de preparar o pedido do noso usuario e telo listo á hora acordada. Nós darémosche todas as condicións da venda elixidas polo usuario.

Á hora acordada o usuario ou un mensaxeiro chegará para recoller o pedido.
Os nosos usuarios, en ocasións, desexan recoller persoalmente os seus pedidos e fan a merca a través da nosa plataforma para garantir que estará listo á hora en punto, sen agardas.

Back to top button
Close