fbpx
Novidades

Produtos de protección a domicilio

Recibe guantes, mascarillas, geles y pantallas en tu casa por solo 1 €

En Pide un Mensaxeiro falamos con diferentes proveedores locais da cidade para poder facer chegar os produtos de protección básicos a todos os domicilios.

Por iso, dende hoxe ofrecemos a merca online destes produtos de protección: luvas, máscaras de triple capa, máscaras FFP2, xeles hidroalcólicos e pantallas de protección fronte ó coronavirus que provoca a COVID-19.

Tamén decidimos non aplicar ningún tipo de comisión de venda, polo que Pide un Mensaxeiro non obtén ningún beneficio da venda destes produtos. Ademais, reducimos os custos de envío habituais a tan só un euro simbólico, se cho entregamos nos códigos postais 15001/2/3/4/5/6/7/10/11. Para os códigos 15008 e 9 cobrámosche 1,50 euros. Se vives en Mesoiro (15190), Perillo (15172) ou Pastoriza (15140), levámoscho por 3 euros. +IVE.

Os envíos nacionais destes produtos de protección manteñen as condicións de venda e envío habituais. Entregamos en toda España agás Canarias.

Fai a merca na nosa web e, nas zonas descritas anteriormente, recibe os teus produtos no mesmo día, sempre que fagas a merca antes das 17:00 horas. Se fas a merca máis tarde, recíbela o seguinte día hábil.

Recomendacións e valoracións

Máscaras triple capa

Estas máscaras, as máscaras cirúrxicas, protexen ós demais cando tuses ou esbirras con ela posta, evitando que poidas salpicar a outras persoas.

Máscaras FFP2

Estas máscaras son as que mellor balanceo de eficiencia teñen. Ó non ter válvula protéxente a ti, xa que non entran partículas e protexes ós demais, xa que non sae partículas no caso de que tusas ou esbirres.

Sen embargo, tamén son as máscaras coas que máis custa respirar nun uso prolongado, dada a súa intensidade de filtros e carencia de válvula.

Xel hidroalcólico

Este xel desinfectante é moi eficiente xa que elimina calquera resto de virus que poidas levar ós llos, ó nariz ou á boca, reducindo significativamente as posibilidades de contaxio.

É importante sinalar que o seu uso non substitúe o lavado de mans. É esencial lavar as mans cantas veces sexa preciso e, posteriormente, aplicar este xel ata o seu secado.

Luvas

O seu uso é bo se é responsable. Cando pos luvas para tocar, coller ou manipular algo, debes desbotalas inmediatamente á finalización desa manipulación, antes de tocar ningunha outra cousa.

A outra opción é que nese mesmo momento en lugar de tiralas, lávleas coma se fosen as túas propias mans: con xabrón durante o tempo adecuado e aplicándolles posteriormente o xel hidroalcólico.

Se non tiras nin lavas e hixienizas as luvas tras de cada uso puntual, non serven de nada.

Agardamos poder axudarte con este novo servizo e que axiña poidamos volver cruzarnos polas rúas da Coruña.

Namentres, sé responsable: #QuedaNaCasa, que para salir ya estamos nosotros.

Show More

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button
Close