Puntos básicos PUM

Queremos que a rede do pequeno comercio coruñés sexa máis forte cada día. Queremos achegalo á túa casa para que non teñas que ir ti, pero que sigan a manterte como cliente.

Non imos someter o comercio local da cidade a políticas e promocións que o empobrezan mentres os seus cartos rematan en fondos ou investimentos que non devolven nin reportan nada á nosa cidade.

En Pide un Mensaxeiro somos todos compañeiros e todos traballamos a pé de rúa. Acó non existen os falsos autónomos, as xornadas laborais que cotizan pola metade nin os soldos por debaixo do convenio.

Un traballo respectuoso con quen o desempeña, porque é a base da nosa pirámide.

Somos conscientes do papel de responsabilidade que xogamos as empresas do noso sector na contaminación, o cambio climático e a saúde das persoas na cidade; e mantemos o firme compromiso de ter a redución das emisións como camiño a seguir.

Mentres chegan novos xeitos de entregarche o que queres, consólanos alomenos que ó solapar servizos e entregas, estamos a consumir e contaminar menos ca se cada un dos nosos clientes realizase cada merca e cada pedido pola súa conta, cada un por separado e emitindo moitos máis gases de efecto invernadoiro á atmósfera do que emitimos así.

Os nosos proveedores: preto

Malia manter unha perseverante política de redución do uso de papel, recoñecemos a necesidade do seu uso para aínda multitude de asuntos do día a día, dende aburocracia ata a publicidade.

Niste eido, traballamos coa copistería CenterCopy da Coruña e a imprenta Lugami de Betanzos.

Niste momento estamos a estudar diferentes opcións, informándonos dos destinos últimos dos cartos e agardamos estar a traballar axiña en exclusiva cunha suministradora local ou ben nunha cooperativa.

Niste eido contrárianos non ter unha compañía local que cubra as nosas necesidades. Mantémonos esperanzados e atentos ás que poidan xurdir.

Movementos e iniciativas de terceiros