Abono a domicilio: 45 €

Que é ESA?

Elas son Artistas é un micro festival, un evento artesano de cultura, organizado por tres empresas galegas, no que as mulleres creadoras son as protagonistas e no que buscamos a un público de mente aberta, que se achegue a diversas artes e diversos espazos e estilos.

Serán 9 días de actividades que van do 24 de maio ao 2 de xuño, día no que finaliza o Festival no Teatro Colón da Coruña coa actuación de Amparanoia. Durante eses días ofrecemos 20 propostas que van dende a música punk ata a narración oral, un obradoiro de escritura terapéutica e creativa ou unha performance pictórica dunha artista sevillana inspirada en Emilia Pardo Bazán. Teremos monólogos, swing, folk galego, e unha xornada profesional enmarcada no ciclo A Cultura é un Dereito, que organiza o Departamento de Cultura da Deputación da Coruña…

Todo iso circulando por seis concellos da área metropolitana de A Coruña e combinando propostas de pago (temos so 50 abonos dispoñibles) con outras de acceso libre. Artistas que nos visitan  dende Estados Unidos, Portugal, México, Catalunya, Madrid, Andalucía … e moitas propostas galegas.

Elas Son Artistas non se parece a case nada. Hai que vivilo e deixarse emocionar.

Xornada de Traballo ESA

O mércores 29 de maio celebraremos a 2ª Xornada profesional de Elas Son Artistas, dentro do ciclo A Cultura é un Dereito que organiza a Área de Cultura da Deputuación de A Coruña.

O eixo da xornada será “Boas prácticas cara a igualdade no sector cultural”.

Abono a domicilio: 45 €

entradas@salamardigras.com

entradas@salamardigras.com